Adóptame

Iogures que fomentan a adopción

Lissy, unha das protagonistas da campaña solidaria

Esta é Lissy, unha das protagonistas desta campaña solidaria, xunto coa súa propia imaxe plasmada no “packaging” do rico iogur ecolóxico de Casa Grande de Xanceda. A través dos iogures, a súa foto chegou durante 3 meses a miles de fogares españoles coa esperanza de que algunha desas familias se fixaran nela a e adoptasen. Lissy, ao igual que os outro sete protagnistas desta campaña, non tiña fogar e vivía na canceira local do Concello de Ordes, situada moi preto da granxa ecolóxica Casa Grande de Xanceda.

Este novidoso “packaging” deu voz aos cans abandonados, que habitualmente son invisibles para a maior parte da sociedade e ofrecía tamén a información necesaria para adoptalos a través do enlace que se indicaba no produto.

Os 8 cans protagonistas da campaña “Un can, un amigo”

Como imaxe desta campaña seleccionamos a oito cans da canceira de Ordes, simpáticos e dóciles pero que, porén, sufriran o abandono nos seus propios ósos.

Grazas a esta campaña e ao traballo de voluntarios os oito cans protagonistas desta iniciativa foron felizmente adoptados, e por uns meses deixaron de ser invisibles, representando en extensión aos máis de 150.000 cans que se abandonan todos os anos no noso país e que necesitan urxentemente unha segunda oportunidade.

Estes son os oito cans protagonistas da iniciativa:

Esta iniciativa foi impulsada por Casa Grande de Xanceda quen están empeñados en loitar contra o abandono e crear unha sociedade máis concienciada co benestar animal. Por esta razón esta granxa ecolóxica destina para accións como estas o 10% dos seus beneficios anuais a actividades de Responsabilidade Social Corporativa.

Non só se trata de difundir, tamén de educar. Por iso, tamén se puxo en marcha un proxecto educativo que se impartiu nos principais colexios da comarca de Ordes.

Os alumnos aprenden os conceptos básicos da tenencia responsable de animais á vez que se lles conciencia osbre a realidade do abandono e a importancia das adopcións de animais. Este proxecto aspira a converterse nun proxecto constante no tempo que promova unha sociedade máis xusta cos animais.

Autora: Malibú

Ola! Son Malibú e este é o meu blog onde escribo a última pegada de todas as actividades que realizo para loitar contra o abandono de animais, para fomentar a adopción e para concienciar no respeto ós animais. Lede con atención e espero que vos guste!! Recibide un saúdo moi peludo!