Así foi o curso 2016/2017 con Malibú

Neste curso 2016/2017 Malibú estreábase como profe nas escolas de primaria da provincia de A Coruña, e temos que dicir que estivo a altura das circunstancias. ?

Os nenos e nenas desfrutaron moito coas entretidas clases de EduCANdo con Malibú, que Adriana e Malibú prepararon especialmente para eles, neste video podes ver fragmentos destas clases, que non duran máis de 1hora.

Estas clases son totalmente gratuítas e teñen como obxectivo concienciar ós máis pequenos na tenencia responsable de animais, e convertir a estes nenos de hoxe en adultos responsables, máis solidarios e con un gran respeto polos animiais. Estamos convencidos de que esta é a única fórmula de baixar do ranking do país que máis abandona.

A clase de unha hora de duración transcorre entre xogos, videos e preguntas espontáneas, unha formación moi entretedida especialmente pensada para nenos de entre 6 a 12 anos.

Os pequenos aprenden moOoitisimo e por eso todos eles reciben ó terminar un diploma que o acredita. E as clases non terminan en antes despedirse con unha caricia á nosa peludiña Malibú:

 

Autora: Malibú

Ola! Son Malibú e este é o meu blog onde escribo a última pegada de todas as actividades que realizo para loitar contra o abandono de animais, para fomentar a adopción e para concienciar no respeto ós animais. Lede con atención e espero que vos guste!! Recibide un saúdo moi peludo!