A nosa pequena Malibú, xa ten Instagram!

A nosa pequena Malibú, xa ten Instagram!

Como non podía ser doutro xeito, Malibú non quería quedarse atrás nas modas, e decidiu facerse un Instagram propio. Aquí escribe todas as súas aventuras para compartir con todos os seus seguidores o día a día dunha cadeliña adoptada e moOoi feliz.

Ademais agora que é profe e visita aos coles para ensinar aos nenos como coidar aos seus amigos peludos, cada vez ten máis historias para contarche. Así que, a que estás esperando?  Malibú está desexando revelarvos todos os seus secretos mellor gardados 😉