Malibú visita aos peques do Concello de Mos

O día 22 de febreiro Malibú  viaxou ata Pontevedra para darlles clase aos nenos do concello de Mos. Xunto co resto do equipo de EduCANdo con Malibú impartiron formación en tenencia responsable para educar en valores ás futuras xeracións e fomentar unha actitude responsable no coidado dos animais. Malibú alegrouse moito pola iniciativa deste concello de concienciar aos máis peques, a esperanza dos peludos sen fogar, e ademais pasouno moOooi ben xogando durante toda a mañá!

No 2017 case 2500 nenos e nenas estiveron nas nosas formacións, canto traballou a nosa peluda!! E Malibú seguirá viaxando, xa que prometeulle aos seus amigos peludos que seguiría levando a mensaxe da adopción e da tenencia responsable a onde sexa necesario! ¿Queres que Malibú visite o teu cole? 

Moitas gracias aos concellos e colexios que apostan por unha educación en valores para as novas xeracións. Seguro que os animais sen fogar están contentos e orgullosos desta involucración 🙂