Malibú participa no Correcán, a carreira pola adopción da que somos patrocinadores

O pasado 20 de maio Malibú estivo participando na terceira edición do CORRECÁN, a carreira solidaria pola adopción e a tenencia responsable organizada pola Asociación Cancoruña e da que Casa Grande de Xanceda é patrocinadora ademais de colaborar doando producto para o avituallamento destos corredores tan solidarios.

Malibú e Adriana no stand de Educando con Malibú.

Malibú e Adriana, o equipo de Educando con Malibú, e compañeiras de Casa Grande de Xanceda participaron na andaina de 3 km que percorría o fermoso paseo marítimo de Riazor e Orzán. Ademais ao final da carreira estiveron nun pequeno stand para dar información a familias e profesores sobre as clases de Educando con Malibú.

Máis de 750 persoas e peludos felizmente adoptados participaron nesta carreira co obxectivo de concienciar sobre a saturación dos refuxios e a necesidade de adopcións responsables. Unha xornada moi divertida donde os peludos foron os protagonistas. Ademais ao finalizar a carreira, había un pequeno avituallamento para os corredores (incluídos os peludos 😉 claro) donde tamén se podía atopar un rico Bbbio de Casa Grande de Xanceda ideal para renovar enerxías.

Malibú pasouno xenial coñecendo a moitos peludos! Encántanlle estas iniciativas solidarias para fomentar os valores de respecto aos animais e promover a adopción dos peludos sen fogar. Xa está desexando que chegue o IV Correcán 😉

Malibú aproveitou a súa participación no Correcán para desfrutar dun xenial día de praia 😉