Así foi o curso 2016/2017 con Malibú

Neste curso 2016/2017 Malibú estreábase como profe nas escolas de primaria da provincia de A Coruña, e temos que dicir que estivo a altura das circunstancias. ?

Os nenos e nenas desfrutaron moito coas entretidas clases de EduCANdo con Malibú, que Adriana e Malibú prepararon especialmente para eles, neste video podes ver fragmentos destas clases, que non duran máis de 1hora.

Estas clases son totalmente gratuítas e teñen como obxectivo concienciar ós máis pequenos na tenencia responsable de animais, e convertir a estes nenos de hoxe en adultos responsables, máis solidarios e con un gran respeto polos animiais. Estamos convencidos de que esta é a única fórmula de baixar do ranking do país que máis abandona.

A clase de unha hora de duración transcorre entre xogos, videos e preguntas espontáneas, unha formación moi entretedida especialmente pensada para nenos de entre 6 a 12 anos.

Os pequenos aprenden moOoitisimo e por eso todos eles reciben ó terminar un diploma que o acredita. E as clases non terminan en antes despedirse con unha caricia á nosa peludiña Malibú:

 

Novo Corner Educando con Malibú

Malibú está mooOOoi alegre de estrear un corner adicado ó seu proxecto solidario en Casa Grande de Xanceda.

Nunha das zonas máis céntricas da granxa ecolóxica Casa Grande de Xanceda, adicamos un lugar especial a EduCANdo con Malibú. Este espazo dedicado a este proxecto solidario, está situado xusto diante da ecotenda e todos os visitantes da granxa, poden ler toda a información sobre este proxecto que loita contra o abandono mentras agardan a comezar a súa visita guiada, ou mentres degustan un rico yogur.

Estamos moi orgullosos da labor que realiza Malibú fomentando a adopción e loitando contra o abandono e este pequeno espazo dedicado é unha forma de visibilizar esta iniciativa, concienciando a todos cantos o ven.

Programa educativo EduCANdo con Malibú

Neste curso 2016/2017 continuamos coas formacións pola tenencia responsable de animais para os alumnos de primaria coa intenciónd e chegar a máis estudiantes de primaria.

A principal novidade deste curso é que re-bautizamos o programa educativo con un nove nome: EduCANdo con Malibú, en honor á nosa peludiña Malibú que exercerá de profe e que xa forma parte da nosa familia > Averigua neste enlace como Malibú chegou á nosa granxa.

Outra das novidades deste curso é que estenderemos o programa educativo de EduCANdo con Malibú a toda a provincia de A Coruña. Educar na tenencia responsable de animais é unha gran necesidade da nosa sociedade, descubre aquí porque.

O equipo de EduCANdo con Malibú, con Malibú como protagonista estará encantado de visitar o teu cole. Neste enlace podes cubrir o formulario necesario para invitar a Malibú ó teu cole.

Ademáis neste arquivo (As clases de EduCANdo con Malibú) , podes atopar todas as características e os principais contidos das clases con Malibú.

Aínda quedan dúbidas?, escríbenos a educandoconmalibu@gmail.com e Malibú contestaráche o antes que poida! ?

Concienciando ós máis pequenos

Estamos convencidos de que a triste realidade do abandono de animais, ten solución, e esa solución ten un nome: educación.

Sabemos que a educación, non é o método máis rápido, pero neste caso é o único. Queremos que España deixe de ser o país que máis abandona e sexa o máis concienciado.

Non temos grandes recursos, pero estamos decididos a facer o que poidamos, por esta razón comezamos un programa de educación no 2016, que chamamos, “Un can, un amigo” e que no 2017 se re-bautizou co nome de “EduCANdo con Malibú” en honor á nosa peludiña Malibú, rescatada do abandono.

“Un can, un amigo” recorreu as escolas da comarca de Ordes ,  (a comarca onde nos atopamos situados), acompañado dun can da canceira de Ordes e dun voluntario da Asoc. Amigos da Canceira de Ordes, qu

e procuran adopcións para estes peludos necesitados coa intención de educar e concienciar ós nenos de primaria, na tenencia responsable de animais.

Esta formación en aulas está dirigida a todos los alumnos de primaria (desde primeiro a sexto) de los principales colegios de la comarca de Ordes, con el objetivo de fomentar valores de solidaridad y tenencia responsable de animales, ayudando a crear así una sociedad más respetuosa con los animales y más solidaria.

Estamos convencidos de que os animais van a ter, entre os máis pequenos, uns grandes aliados e defensores. Por eso consideramos especialmente interesante e primordial falar cos nenos, para que exerzan directamente de vixilantes das súas mascotas, y tamén adquiran maior conciencia sobre a realidad do abandono.

Durante 2016 o programa educativo “Un can, un amigo” chegou a sete centros educativos e a máis de 800 alumnos/as de la Mancomunidade de Ordes, estes foron os colexios nos que estivemos :

– CEIP Castelao de Ordes. Participaron 200 alumnos/as.
– CPI Sigüeiro de Oroso. Partciparon 300 alumnos/as.
– CPI de Xanceda. Participaron 70 alumnos/as.
– CEIP Mesón do Vento de Ordes. Participaron 80 alumnos/as.
– CPI Pecalama de Tordoia. Participaron 70 alumnos/as.
– CPI Ponte Carreira de Frades. Participaron 45 alumnos/as.
– CEIP Camiño Inglés de Oroso. Participaron 80 alumnos/as.