Blogue

Malibú participa no Correcán, a carreira pola adopción da que somos patrocinadores

O pasado 20 de maio Malibú estivo participando na terceira edición do CORRECÁN, a carreira solidaria pola adopción e a tenencia responsable organizada pola Asociación Cancoruña e da que Casa Grande de Xanceda é patrocinadora ademais de colaborar doando producto para o avituallamento destos corredores tan solidarios.

Malibú e Adriana no stand de Educando con Malibú.

Malibú e Adriana, o equipo de Educando con Malibú, e compañeiras de Casa Grande de Xanceda participaron na andaina de 3 km que percorría o fermoso paseo marítimo de Riazor e Orzán. Ademais ao final da carreira estiveron nun pequeno stand para dar información a familias e profesores sobre as clases de Educando con Malibú.

Máis de 750 persoas e peludos felizmente adoptados participaron nesta carreira co obxectivo de concienciar sobre a saturación dos refuxios e a necesidade de adopcións responsables. Unha xornada moi divertida donde os peludos foron os protagonistas. Ademais ao finalizar a carreira, había un pequeno avituallamento para os corredores (incluídos os peludos 😉 claro) donde tamén se podía atopar un rico Bbbio de Casa Grande de Xanceda ideal para renovar enerxías.

Malibú pasouno xenial coñecendo a moitos peludos! Encántanlle estas iniciativas solidarias para fomentar os valores de respecto aos animais e promover a adopción dos peludos sen fogar. Xa está desexando que chegue o IV Correcán 😉

Malibú aproveitou a súa participación no Correcán para desfrutar dun xenial día de praia 😉

Malibú visita aos peques do Concello de Mos

O día 22 de febreiro Malibú  viaxou ata Pontevedra para darlles clase aos nenos do concello de Mos. Xunto co resto do equipo de EduCANdo con Malibú impartiron formación en tenencia responsable para educar en valores ás futuras xeracións e fomentar unha actitude responsable no coidado dos animais. Malibú alegrouse moito pola iniciativa deste concello de concienciar aos máis peques, a esperanza dos peludos sen fogar, e ademais pasouno moOooi ben xogando durante toda a mañá!

No 2017 case 2500 nenos e nenas estiveron nas nosas formacións, canto traballou a nosa peluda!! E Malibú seguirá viaxando, xa que prometeulle aos seus amigos peludos que seguiría levando a mensaxe da adopción e da tenencia responsable a onde sexa necesario! ¿Queres que Malibú visite o teu cole? 

Moitas gracias aos concellos e colexios que apostan por unha educación en valores para as novas xeracións. Seguro que os animais sen fogar están contentos e orgullosos desta involucración 🙂

A nosa pequena Malibú, xa ten Instagram!

A nosa pequena Malibú, xa ten Instagram!

Como non podía ser doutro xeito, Malibú non quería quedarse atrás nas modas, e decidiu facerse un Instagram propio. Aquí escribe todas as súas aventuras para compartir con todos os seus seguidores o día a día dunha cadeliña adoptada e moOoi feliz.

Ademais agora que é profe e visita aos coles para ensinar aos nenos como coidar aos seus amigos peludos, cada vez ten máis historias para contarche. Así que, a que estás esperando?  Malibú está desexando revelarvos todos os seus secretos mellor gardados 😉

Colaboramos coa carreira máis peluda

Colaboramos coa carreira máis peluda

O día 15 de outubro na cidade de Madrid celebrouse VI Perrotón, outra edición máis da carreira solidaria pola Adopción e Tenencia Responsable de animais. A finalidade de Perrotón é contribuír a acabar cos abandonos e as situacións de maltrato aos animais.

Máis de 4.000 participantes reuníronse esa mañá para correr e apoiar a iniciativa de promover e fomentar a adopción e tenencia responsable de animais. Casa Grande de Xanceda tamén quixo estar presente doando 4.200 dos novos Bbbio con cenoria para o avituallamento destos corredores tan solidarios.

“Tú eliges quien soy”, iogures pola adopción

8 cans abandonados, son os protagonistas dos iogures ecolóxicos de Casa Grande de Xanceda

8 cans sen fogar deixan de ser invisibles e chegan a tendas e supermercados a través dos “packaging” dos iogures ecolóxicos de Casa Grande de Xanceda

Esta é Safira, una cadeliña víctima do abandono que podería ser a raíña da túa casa. A foto de Safira e a súa habilidade para reinar chegan a miles de fogares a través de súa imaxe plasmada no packaging destes iogures ecolóxicos.
Safira ten a esperanza de que algunha destas familias se fixe nela e a adopte. Ela e os outros sete protagonistas desta campaña, non teñen fogar e viven de forma temporal en distintas protectoras de España, onde voluntarios se desviven para cuidalos y buscarlles un novo fogar.

Podes atopar toOoda a información sobre os 8 peludos protagonistas en: tueligesquiensoy.com

A idea desta campaña co nome “Tú eliges quién soy”, é “humanizar” ós cans, e ensinar como un can abandonado pode chegar a ser, o noso compañeiro de sestas, a nosa mellor medicina ou o ladrón dos nosos bicos. E estes oito peludos téñeno claro, ¡son moito máis que cans abandonados!
Desta forma tan orixinal estes iogures ecolóxicos fomentan, a través dos seus envases, a adopción destes cans sen fogar co obxectivo de encontrarlles casa e de sensibilizar, en xeral, a todos os consumidores da importancia da adopción. A granxa, situada na localidade coruñesa de Mesía e especializada na produción de lácteos ecolóxicos, incorpora nos cartoncillos dos seus iogures imáxes de cans reais que viven en distintas protectoras. Para isto, un equipo con un fotógrafo profesional desplazouse a cada unha destas protectoras para facer un fotoshooting con un obxectivo moi especial: convertir a estos cans abandonados en súper héroes, en compañeiros de xogos ou en raíñas.
Este novedoso “packaging” da voz ós cans abandonados, que habitualmente son invisibles para a maior parte da sociedade. Reverso del pakcaging con toda la información

Ademáis no reverso do cartón así como na páxina web tueligesquiensoy.com ofrece toda a información necesaria para adoptalos: a súa idade, tamaño, carácter, etc. así como o contacto da protectora na que actualmente viven.

Como imagen de esta campaña se seleccionaron a ocho perros de cuatro protectoras distintas de diferentes puntos de España, pero con un perfil común: son ocho peludos, simpáticos y dóciles que sufrieron el abandono en sus propios huesos.
Gracias a esta campaña ponemos cara a 8 perros hasta ahora invisibles, que sin embargo son animales que sólo necesitan un poco de amor para dar lo mejor de ellos. Estos 8 perros sólo son una pequeña muestra de las miles de víctimas del abandono que se producen cada año en nuestro país y que necesitan urgentemente una segunda oportunidad. Y mientras que encuentran un hogar, afortunadamente están los voluntarios de la protectoras de animales que hacen una labor excepcional.
Tu eliges quien soy es una campaña solidaria de fomento de la adopción y lucha contra el abandono de animales, y forma parte de la Responsabilidad Social Corporativa de Casa Grande de Xanceda, a la se le dedican el 10% de sus beneficios anuales.

Así foi o curso 2016/2017 con Malibú

Neste curso 2016/2017 Malibú estreábase como profe nas escolas de primaria da provincia de A Coruña, e temos que dicir que estivo a altura das circunstancias. ?

Os nenos e nenas desfrutaron moito coas entretidas clases de EduCANdo con Malibú, que Adriana e Malibú prepararon especialmente para eles, neste video podes ver fragmentos destas clases, que non duran máis de 1hora.

Estas clases son totalmente gratuítas e teñen como obxectivo concienciar ós máis pequenos na tenencia responsable de animais, e convertir a estes nenos de hoxe en adultos responsables, máis solidarios e con un gran respeto polos animiais. Estamos convencidos de que esta é a única fórmula de baixar do ranking do país que máis abandona.

A clase de unha hora de duración transcorre entre xogos, videos e preguntas espontáneas, unha formación moi entretedida especialmente pensada para nenos de entre 6 a 12 anos.

Os pequenos aprenden moOoitisimo e por eso todos eles reciben ó terminar un diploma que o acredita. E as clases non terminan en antes despedirse con unha caricia á nosa peludiña Malibú:

 

Novo Corner Educando con Malibú

Malibú está mooOOoi alegre de estrear un corner adicado ó seu proxecto solidario en Casa Grande de Xanceda.

Nunha das zonas máis céntricas da granxa ecolóxica Casa Grande de Xanceda, adicamos un lugar especial a EduCANdo con Malibú. Este espazo dedicado a este proxecto solidario, está situado xusto diante da ecotenda e todos os visitantes da granxa, poden ler toda a información sobre este proxecto que loita contra o abandono mentras agardan a comezar a súa visita guiada, ou mentres degustan un rico yogur.

Estamos moi orgullosos da labor que realiza Malibú fomentando a adopción e loitando contra o abandono e este pequeno espazo dedicado é unha forma de visibilizar esta iniciativa, concienciando a todos cantos o ven.

Programa educativo EduCANdo con Malibú

Neste curso 2016/2017 continuamos coas formacións pola tenencia responsable de animais para os alumnos de primaria coa intenciónd e chegar a máis estudiantes de primaria.

A principal novidade deste curso é que re-bautizamos o programa educativo con un nove nome: EduCANdo con Malibú, en honor á nosa peludiña Malibú que exercerá de profe e que xa forma parte da nosa familia > Averigua neste enlace como Malibú chegou á nosa granxa.

Outra das novidades deste curso é que estenderemos o programa educativo de EduCANdo con Malibú a toda a provincia de A Coruña. Educar na tenencia responsable de animais é unha gran necesidade da nosa sociedade, descubre aquí porque.

O equipo de EduCANdo con Malibú, con Malibú como protagonista estará encantado de visitar o teu cole. Neste enlace podes cubrir o formulario necesario para invitar a Malibú ó teu cole.

Ademáis neste arquivo (As clases de EduCANdo con Malibú) , podes atopar todas as características e os principais contidos das clases con Malibú.

Aínda quedan dúbidas?, escríbenos a educandoconmalibu@gmail.com e Malibú contestaráche o antes que poida! ?