Invita a Malibú a ir ó teu cole!

Son Malibú e encantaríame ir ó teu colexio para falarvos dos bos amigos que podemos ser os animais e de que o abandono non é unha opción. Conmigo os nenos aprenden a ser máis responsables, máis solidarios e a ter máis sensibilidade e respeto cara os animais.

Unha formación moOooi necesaria, descubre por que. Lembra que esta é unha formación con 0€ de custe, xa que a min encántame coñecer e xogar cos cativos e ademais esta é unha iniciativa social e solidaria de CASA GRANDE DE XANCEDA.

As clases son de 1 hora de duración e realizo entretidos xogos para que aprendamos xogando. NESTE ENLACE podes consultar con detalle en que consiste a formación. Todos os nenos reciben ó finalizar un diplma e eu recibo moOoitos agarimos.

“Cubre este formulario, en canto o reciba xa me poño a buscar unha data na miña axenda para ir ó voso cole”.

CONTACTA CON MALIBÚ


Lugar Casa Grande de Xanceda, s/n
15685 – Mesía
A Coruña

UN PROXECTO DE RESPONSABILIDADE SOCIAL CORPORATIVA DE…