De durmir na rúa a ser profe: Mazapán únese ao equipo!

A historia deste canciño é das que emocionan. Antes de chegar á nosa granxa en 2023 Mazapán era un deses cans que vagaba pola rúa e ninguén vía. A escola de adestramento Montegatto rescatouno e tratou por todos os medios de buscarlle un fogar, ata saíu na tele! Pero parece que o destino lle gardaba un sitio especial aquí con nós.

Mazapán tomou moi en serio o seu novo traballo e, tras superar un “máster intensivo” de formación con Malibú logrou converterse no seu asistente oficial nas clases de ensinanza responsable aos máis peques. En 2025 xa empezou o seu tour polos coles!

Ademais disto, agora exerce como xestor e leva a loxística da patrulla gardavacas. É o encargado de cadrar os calendarios, así os mastíns non fallan nas súas gardas!

Quen lle ía a decir a aquel cadeliño rueiro que acabaría como organizador de seguridade da nosa granxa. Benvido á familia Mazapán! Querémoste!