E esta vez non é das de Velázquez…
A muralista Nana pintounos a Malibú en brazos dunha menina en honra tanto ás meninas de Velázquez como ás meninas rurais e, como non, á nosa querida Malibú.
Este incrible deseño pode verse polas rúas do barrio ferrolán de Canido, xunto a praza do Cruceiro.
E por que aquí? Por que todos os anos celébrase a primeira fin de semana de setembro o festival das meninas de Canido e este ano quixemos contirbuir coa nosa pequena gran achega.

Este mural quedará para a posteridade, con Malibú como protagonista, a nosa profe preferida!
Representa os valores de coidado do medio ambiente e de defensa do rural que en casa Grande de Xanceda levamos no ADN, incluíndo, como non podía ser doutra maneira, unha clara alegación en prol da muller rural.
Pero deixémonos de palabreríos, a que estás a agardando para ir velo?