Malibú visita o refuxio Huellas de Sarria para doarlles 500€

Este pasado Nadal, Malibú, a nosa profe canina, inaugurou as festas achegándose ao refuxio Huellas de Sarria para entregarlles unha doazón de 500€! 

Alí atopouse con cans maravillosos como: Trisco, Xurxa, Salchi e máis amiguiños que agardan con ilusión unha oportunidade de atopar unha familia que os queira para sempre. Malibú quixo que estes heroes de catro patas teñan acceso a comida, coidados veterinarios e todo o necesario para que teñan días felices mentres agardan polo seu fogar definitivo.

Malibú achegouse con emoción a coñecelos a todos e cheirou cada recuncho, ¡que ben senta unirse polo benestar animal!

Lembrade ben: os animais non son agasallos de Nadal, son compañeiros de vida para moitos anos de aventuras e compañía. Por iso dende EduCANdo seguimos dicindo alto e claro: mellor, adopta! 

Queredes axudar con esta misión? Convidade a Malibú ao voso cole para aprender xogando sobre o coidado responsable de animais. Xuntos faremos un mundo mellor para os nosos compis!

Moitas lambetadas de parte de Malibú!

O equipo de EduCANdo