Neste curso 2016/2017 continuamos coas formacións pola tenencia responsable de animais para os alumnos de primaria coa intenciónd e chegar a máis estudiantes de primaria.
A principal novidade deste curso é que re-bautizamos o programa educativo con un nove nome: EduCANdo con Malibú, en honor á nosa peludiña Malibú que exercerá de profe e que xa forma parte da nosa familia > Averigua neste enlace como Malibú chegou á nosa granxa.
Outra das novidades deste curso é que estenderemos o programa educativo de EduCANdo con Malibú a toda a provincia de A Coruña. Educar na tenencia responsable de animais é unha gran necesidade da nosa sociedade, descubre aquí porque.
O equipo de EduCANdo con Malibú, con Malibú como protagonista estará encantado de visitar o teu cole. Neste enlace podes cubrir o formulario necesario para invitar a Malibú ó teu cole.
Ademáis neste arquivo (As clases de EduCANdo con Malibú) , podes atopar todas as características e os principais contidos das clases con Malibú.
Aínda quedan dúbidas?, escríbenos a educandoconmalibu@gmail.com e Malibú contestaráche o antes que poida! ?