Este verán está a facer moOoito calor, e os nosos compis peludos tamén o notan! Así que en Casa Grande de Xanceda puxémonos patas á obra para solucionalo, como? Pois con Canhelado! O primeiro xeado para cans ecolóxico e solidario.
O Canhelado é a aposta estival de Casa Grande de Xanceda que, neste caso non vai dirixido ás persoas, se non aos peludos da casa. Canhelado é ecolóxico e solidario. Esta campaña é unha edición limitada para este verán e está destinada a axudar aos cans que aínda non atoparon un fogar para vivir mellor. O 100% dos beneficios conseguidos coas vendas do Canhelado serán doados á protectora Aloia e á asociación Bichosraros, para contribuír ao benestar dos animais mentres atopan un novo fogar.
O xeado canino será unha edición limitada que se venderá este verán, sumando un total de 2000 terrinas de xeado repartidas en estoxos de tres en tres. Todo isto tradúcese nuns 4.000€ que serán doados ás dúas asociacións, é dicir, 2.000€ repartidos a cada unha e que sairán das vendas do Canhelado.
España figura todos os anos nos primeiros postos de abandono de animais na UE. En 2021 abandonáronse aproximadamente uns 285.000 gatos e cans, segundo datos da Fundación Affinity. Esta é unha situación contra a que loitan asociacións e protectoras pero que se repite ano tras ano. Por primeira vez nos últimos anos, os factores económicos colócanse á cabeza dos motivos declarados de abandono.
Con todo isto, nosa cadeliña Malibú non podía quedar de patas cruzadas, por iso desde o 2016 vai de cole en cole concienciando aos máis peques sobre o abandono animal. Co programa implementado por Casa Grande de Xanceda ‘EduCando con Malibú’, pretendemos reducir as cifras de abandono de cans e gatos, de forma que os máis peques poidan coñecer de primeira man a historia de Malibú, quen tamén foi abandonada no seu día antes de vir a vivir á granxa. E ti, coñeces a historia de Malibú?
Este xeado está feito con leite ecolóxico recentemente muxida das nosas vacas e iogur. Traballamos con nutricionistas caninos que lle deron o visto e prace tras comprobar que os niveis de azucres e lactosa son aptospara o consumo dos animais, de forma que sente igual de ben que calquera galleta ou premio.
Iso sí, fíxate na recomedación que os nutricionistas caninos nos dan, tela na caixa!
Un dos compromisos de Casa Grande de Xanceda é o do benestar animal. Esta acción solidaria complementa a outras como Iogures pola Adopción, Lametazos contra o Abandono ou Nadal con Malibú.
O canhelado é un proxecto de edición limitada que forma parte do programa de Responsabilidade Social Corporativa (RSC) da granxa.
Este produto poderá adquirirse aquí ademais de en a ecotienda, situada no concello de Mesía (A Coruña) e en tendas ecolóxicas especializadas.
As cookies necesarias son absolutamente esenciais para que o sitio web funcione correctamente. Esta categoría só inclúe cookies que garanten funcionalidades básicas e características de seguridade do sitio web. Estas cookies non almacenan ningunha información persoal.
As cookies que poden non ser particularmente necesarias para que o sitio web funcione e utilízanse especificamente para recompilar datos persoais do usuario a través de análise, anuncios e outros contidos incrustados denomínanse cookies non necesarias. É obrigatorio obter o consentimento do usuario antes de executar estas cookies no seu sitio web.