ADÓPTAME

Iogures pola adopción

Somos oito peludos abandonados que buscamos unha familia que nos adopte. A partir do 6 de setembro de 2021 e durante mes e medio seremos os protagonistas dos iogures ecolóxicos de Casa Grande de Xanceda.

O obxectivo

Facer visibles os invisibles

Adóptame, iogures pola adopción, é a cuarta edición dunha campaña solidaria que se está a converter en tradición en Casa Grande de Xanceda para facer visibles ás vítimas do abandono.

8 cans abandonados son os protagonistas!

Viaxando no envase dos nosos iogures, a imaxe destes oito simpáticos peludos entrará en miles de fogares de toda España coa esperanza de atopar unha familia.

Por que é necesario Iogures pola adopción?

O abandono é unha triste realidade

O abandono de animais é unha triste realidade da nosa sociedade. As vítimas deste abandono son inocentes animais. Se teñen sorte, son rescatados por voluntarios que loitan cada día por atoparlles un verdadeiro fogar.

Só necesitan que lles deas unha oportunidade!

Hai moitos cans abandonados que están esperando un novo fogar para seren felices…

Non merques, ADOPTA!

Os peludos agradecerancho!

Hai centos de organizacións que, grazas a voluntarios, coidan e protexen temporalmente aos milleiros de peludos vítimas do abandono.

Os nosos oito protagonistas continúan esperando un verdadeiro fogar nas seguintes protectoras. Se queres colaborar con elas, facendo unha doazón ou axudando como voluntario, entra en:

En nome de todos os nosos consumidores e para axudar no seu labor de atoparlles fogar a estes peludos e coidalos mentres tanto, doaremos 1.000€ a cada unha das catro protectoras.b

Seguro que preto de ti existe unha organización protectora de animais. Anímate a axudarlles como voluntario ou casa de acollida, ou mesmo a namorarte dalgún dos seus peludos.

Comprometidos coa loita contra o abandono

Esta é a terceira edición de Iogures pola Adopción. Esta iniciativa solidaria está enmarcada dentro do noso programa EduCANdo con Malibú para a loita contra o abandono e o fomento da adopción.

EduCANdo con Malibú é un proxecto solidario que ten o obxectivo de educar e concienciar sobre a realidade do abandono dos animais e a necesidade da adopción.

Un proxecto de responsabilidade social corporativa de