Nós os dous somos...

Malibú e Mazapán

— Dous canciños rescatados do abandono

Vivimos na granxa Casa Grande de Xanceda e o noso traballo é ir aos coles galegos a ensinar á cativada a tenencia responsable de animais. Este é un proxecto solitario e gratuito <3

Malibú

Malibú
- Sen raza (mestura de Corgi e raposo?)
- 13 anos
- Xefa da patrulla canina de Casa Grande de Xanceda
- Cousas favoritas: durmir na palla e as chuchas

Mazapán

Mazapán
- Sen raza (dubidosa xenealoxía)
- 4 anos
- Asistente de Malibú
- Cousas favoritas: o libre albedrío

Aprendamos a coidar aos animais! Convídasnos ao teu cole? Guau!

O noso obxectivo

Malibú e Mazapán cóntanche o que queren conseguir

Adopción e coidado dos animais

Os peludos nos somos xoguetes, precisamos comida, coidados, veterinario, tempo e agarimo. Ter un can é unha responsabilidade de moitos anos! Ensinamos a importancia da adopción.

— Malibú 🐾

Contra o abandono

Loitamos contra o abandono animal ensinando que é o abandono e cales son as súas causas. Ensinamos á cativada a ser empática e solidaria.

— Mazapán 🐾

Mundo xusto

Cremos nun mundo máis xusto e responsable cos animais. Xuntos podemos conseguilo!

— Malibú e Mazapán 🐾

eduCANdo con Malibú

Educando nas escolas

Levamos a tenencia responsable aos colexios de Galicia

2016
800
nenos e nenas
Comeza a aventura!
2017
980
nenos e nenas
2018
1.024
nenos e nenas
2019
1.201
nenos e nenas
2020-21
GUAU, vaia pandemia!
2022
1.398
nenos e nenas
2023
1.654
nenos e nenas
Chegou Mazapán!
2024
2.190
nenos e nenas
2025
2.495
nenos e nenas

Malibú e Mazapán visitan os colexios de primaria de Galicia para ensinarlle á cativada a ser máis responsable, máis solidaria e máis sensible cos animais.

Inicio
0
NEnas e nenos en total
0

España é o país que máis abandona, por iso as clases de tenencia responsable con Malibú e Mazapán son tan precisas.

Son de balde,
só tes que solicitalas!

Guau!

Guau!

A historia de Malibú

Coñece como Malibú pasou de ser abandonada a converterse en profe

A Malibú máis solidaria

Accións solidarias e recollidas colectivas

perroton-2
Colaboradores de Perrotón

Colaboramos coas carreiras solidarias de PERROTÓN MARBELLA 2017 que se realizan coa finalidade de concienciar sobre a adopción e o respecto.

perroton
Colaboradores de Perrotón

Colaboramos coas carreiras solidarias de PERROTÓN MADRID 2016 que se realizan coa finalidade de concienciar sobre a adopción e o respeto aos animais.

recollidas-colectivas-03
Recollidas colectivas
01/2017 Entrega de doazóns colectivas á protectora de Cambados

Todos os anos, o equipo de RSC de Casa Grande de Xanceda convocamos unha recollida entre os visitantes, compañeiros do equipo, e calquera que desexe achegarse a traer a súa doazón... para reunir comida, mantas, correas... todo o recibido, reunímolo e levámolo a unha asociación protectora de animais.

recollidas-colectivas-02
Recollidas colectivas
01/2016 Doazón ao refuxio de Cambados

Todos os anos, o equipo de RSC de Casa Grande de Xanceda convocamos unha recollida entre os visitantes, compañeiros do equipo, e calquera que desexe achegarse a traer a súa doazón... para reunir comida, mantas, correas... todo o recibido, reunímolo e levámolo a unha asociación protectora de animais.

recollidas-colectivas
Recollidas colectivas
04/2015 Entrega de doazóns colectivas a refugio de Dambados

Todos os anos, o equipo de RSC de Casa Grande de Xanceda convocamos unha recollida entre os visitantes, compañeiros do equipo, e calquera que desexe achegarse a traer a súa doazón... para reunir comida, mantas, correas... todo o recibido, reunímolo e levámolo a unha asociación protectora de animais.

imaxe_regalalleunfogar-FINAL7
Regálalle un fogar

Malibú sabe que hai moitos cans sen fogar e, na maioría dos casos, son coidados con moito mimo por organizacións de voluntarios que velan polo seu benestar, e lles buscan un fogar onde estes animais poidan ter unha segunda oportunidade. Por estes motivos, Malibú puxo en marcha un CONCURSO EN FACEBOOK parra donar 1000€ a esas protectoras que realizan tan importante traballo.

Durante dous días, os usuarios de Facebook tiveron a oportunidade de propoñer as asociacións protectoras que desexasen para que fosen escollidas, as tres protectoras con máis "likes" conseguiron a súa parte do premio.

Os gañadores foron: ASOCIACIÓN ASISTENCIAL PROTECTORA DE ANIMALES DE FOZ, RATAS EN ADOPCIÓN e AMIGOS DE LOS PERROS DE CARBALLO

A última pegada 🐾

As últimas novas de Malibú e Mazapán

mellor-adopta
24 Decembro 2025
Malibú visita o refuxio Huellas de Sarria para doarlles 500€
non-merques-adopta-adela
24 Decembro 2024
Un nadal para adoptar co corazón
mazapan-guapo
16 Marzo 2023
De durmir na rúa a ser profe: Mazapán únese ao equipo!

Invita a Malibú a ir ao teu cole!

Son Malibú e encantaríame ir ao teu colexio para falarvos dos bos amigos que podemos ser os animais e de que o abandono non é unha opción.

Conmigo as nenas e nenos aprenden a ser máis responsables, máis solidarios e a ter máis sensibilidade e respeto cara os animais.

Unha formación moOooi necesaria, descubre por que. Lembra que esta é unha formación con 0€ de custe, xa que a min encántame coñecer e xogar cos cativos e ademais esta é unha iniciativa social e solidaria de CASA GRANDE DE XANCEDA.

As clases son de 1 hora de duración e realizo entretidos xogos para que aprendamos xogando. 

NESTA LIGAZÓN podes consultar con detalle en que consiste a formación. Todos os nenos reciben ao finalizar un diploma e eu recibo moOoitos agarimos.

Responsable: Casa Grande de Xanceda. Finalidade: xestionar, atender e respostar as comunicacións. Lexitimación: consentimento do usuario ao utilizar a ferramenta. Destinatarios: os datos están almacenados nos servidores de Dinahosting. Dereitos: podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Máis info: bótalle un vistazo a nosa política de privacidade.

Contacta con Malibú

Resposta de can!

Onde estou?

Casa Grande de Xanceda, s/n 15685 – Mesía A Coruña

Contacto

981 687 007
educandoconmalibu@gmail.com

Un proxecto de responsabilidade social corporativa de

Guau! Quero coñecerte!! 🐶