O pasado 20 de maio Malibú estivo participando na terceira edición do CORRECÁN, a carreira solidaria pola adopción e a tenencia responsable organizada pola Asociación Cancoruña e da que Casa Grande de Xanceda é patrocinadora ademais de colaborar doando producto para o avituallamento destos corredores tan solidarios.
Malibú e Adriana, o equipo de Educando con Malibú, e compañeiras de Casa Grande de Xanceda participaron na andaina de 3 km que percorría o fermoso paseo marítimo de Riazor e Orzán. Ademais ao final da carreira estiveron nun pequeno stand para dar información a familias e profesores sobre as clases de Educando con Malibú.
Máis de 750 persoas e peludos felizmente adoptados participaron nesta carreira co obxectivo de concienciar sobre a saturación dos refuxios e a necesidade de adopcións responsables. Unha xornada moi divertida donde os peludos foron os protagonistas. Ademais ao finalizar a carreira, había un pequeno avituallamento para os corredores (incluídos os peludos 😉 claro) donde tamén se podía atopar un rico Bbbio de Casa Grande de Xanceda ideal para renovar enerxías.
Malibú pasouno xenial coñecendo a moitos peludos! Encántanlle estas iniciativas solidarias para fomentar os valores de respecto aos animais e promover a adopción dos peludos sen fogar. Xa está desexando que chegue o IV Correcán 😉
As cookies necesarias son absolutamente esenciais para que o sitio web funcione correctamente. Esta categoría só inclúe cookies que garanten funcionalidades básicas e características de seguridade do sitio web. Estas cookies non almacenan ningunha información persoal.
As cookies que poden non ser particularmente necesarias para que o sitio web funcione e utilízanse especificamente para recompilar datos persoais do usuario a través de análise, anuncios e outros contidos incrustados denomínanse cookies non necesarias. É obrigatorio obter o consentimento do usuario antes de executar estas cookies no seu sitio web.