Malibú está mooOOoi alegre de estrear un corner adicado ó seu proxecto solidario en Casa Grande de Xanceda.
Nunha das zonas máis céntricas da granxa ecolóxica Casa Grande de Xanceda, adicamos un lugar especial a EduCANdo con Malibú. Este espazo dedicado a este proxecto solidario, está situado xusto diante da ecotenda e todos os visitantes da granxa, poden ler toda a información sobre este proxecto que loita contra o abandono mentras agardan a comezar a súa visita guiada, ou mentres degustan un rico yogur.
Estamos moi orgullosos da labor que realiza Malibú fomentando a adopción e loitando contra o abandono e este pequeno espazo dedicado é unha forma de visibilizar esta iniciativa, concienciando a todos cantos o ven.